martes, 3 de marzo de 2009

sábado, 20 de diciembre de 2008

Adestramentos semana de Nadal

Os adestramentos desta semana quedan así:

Luns 22 ás 16:00 horas na piscina da Estrada, e ás 19:00h (Escola)

Martes 23 ás 18:45h na piscina de Padrón

Sábado 27 ás 12:00h na piscina da Estrada


Bó nadal!

jueves, 11 de diciembre de 2008

Convocatoria 2ª Xornada Liga Augas Pechadas

C. A. UMIA 2º XORNADA DE INVERNO CERCEDA

PROBAS INDIVIDUAIS

HORA DE INICIO: 09:00
INFANTIL:50 SOCORRISTA
CADETE: 100 SUPERSOS - 50 RESCATE

HORA DE INICIO: 16:00
JUVENIL, JUNIOR, ABSOLUTO: 100 SOCORRISTA - 100 COMBINADA

PROBAS RELEVOS

4X12.5 RELEVO MANEQUÍ
4X50 RELEVO CON TUBO


DEPORTISTAS CONVOCADOS

JORGE VEGA
RUBÉN FERNÁNDEZ
DAVID BELAY
JAIME CAMINO
PABLO CAMINO
ISMAEL LÓPEZ
NEREA PORTO
ANTIA LESTIDO
ALBA GONZÁLEZ
LAURA CRESPO
LAURA MIRÁS
SARA LOPEZ
MANUEL FARIÑA
DIEGO DOMINGUEZ
TINO CAROU
DAVID SUAREZ
JORGE MAGARIÑOS
SERGIO JAMARDO
JORGE VARELA
ADRIANA ROZADOS
DAVID SERRA
NURIA GARCIA
TANIA GAMALLO
PAULA OTERO
NEREA LÓPEZ
NEREA SÁNCHEZ
DANIEL SUÁREZ
MARIÑA MAGARIÑOS

EQUIPOS RELEVOS:

CADETE FEMENINO: NEREA LÓPEZ, NURIA GARCIA, TANIA GAMALLO, PAULA OTERO

JUVENIL MASCULINO: DIEGO DOMÍNGUEZ, TINO CAROU, DAVID SERRA, MANUEL FARIÑA

ABSOLUTO FEMENINO: ADRIANA ROZADOS, ANTIA LESTIDO, ALBA PICÁNS, NEREA PORTO

ABSOLUTO MASCULINO: PABLO CAMINO, DAVID BELAY, XURXO VEGA, RUBÉN FERNÁNDEZ

martes, 25 de noviembre de 2008

Disputada a primeira Xornada de Inverno

O domingo celebrouse na piscina da Estrada a primeira xornada da liga de inverno 2008-2009 do salvamento deportivo galego, cunha boa afluencia de público, máis de 150 persoas pola mañá e preto de 100 pola tarde déronse cita na piscina estradense, xunto con 7 clubes de Salvamento que levaron a 75 deportistas na xornada de mañá e 85 deportistas polo serán.

Pola mañá o UMIA participou con 7 deportistas, dos cales 5 eran novos, as rapazas cadetes gañaron o relevo e en xeral tiveron un bó “debut”. A sorpresa foi Dani Suárez, xa que era a primeira vez que facía a proba de 150 metros obstáculos, e a parte de quedar terceiro, conseguíu un tempazo, que é miníma para os campionatos de España. Na clasificación xeral da mañá quedamos de 3ºs, por detrás de SASA e SYSCA

Pola tarde o C.A.UMIA participou con 22 deportistas, logrando o terceiro posto na clasificación xeral final da xornada, ainda que bastante detrás do primeiro clasificado, o SAPO. Resultados destacados foron as victorias de Manuel Fariña en 100 aletas Xuvenil, o segundo posto de Diego Cascallar nesa mesma proba, as victorias dos relevos xuvenil masculino, xunior feminino e senior masculino no relevo 4x25 arrastre, ou a victoria e o segundo posto, respectivamente de Jorge Vega e Rubén Fernández na proba de 100 aletas. En xeral os resultados son bastante satisfactorios a pesar das dificultades que estamos tendo nestes primeiros meses da temporada para poder adestrar

A seguinte xornada será o domingo 14 de Decembro en Cerceda.

Mínimas conseguidas polos deportistas do UMIA na primeira xornada de liga:

- DANIEL SUÁREZ DAPENA: 02:01,25 -150 obstáculos (mínima: 02:03,00)

- DANIEL SUAREZ DAPENA: 00:35,43 - 50 aletas (mínima: 00:36,00)

- DIEGO CASCALLAR TABOADA: 01:06,22 –100 aletas (mínima: 01:07,00)

- Relevo Xuvenil Masculino en 4x25 arrastre: 01:49,77 (minima: 02:00,00)

- Re levo Absoluto Masculino en 4x25 arrastre: 01;31,07 (mínima: 01:48,00)

miércoles, 19 de noviembre de 2008

C.A.UMIA celebra asemblea Extraordinaria


O C.A.UMIA celebrou onte no Auditorio Roberto Blanco de Cuntis unha asemblea Extraordinaria, con presencia de pais ou representantes de 21 deportistas, os dous adestradores e a maioría da anterior xunta directiva. Entre outras cousas elixiuse unha nova directiva, formada polas seguintes persoas:

PRESIDENTE: Fco Javier Magariños Alende (“Javicho”)

Vicepresidente: María del Carmen Rodríguez

Secretario: Santiago García e Fernando Porto (adxunto)

Tesoureiro: Manuel Fariña

Vogais:
Xavi Calvo Sorrivas (Director Deportivo)
Rubén Fernández (Representante de deportistas)
Eugenia Cardama
Marisa Frieiro
Jorge Vega


O nomeamento de Javicho, que leva competindo e traballando polo clube dende outubro de 2000, como presidente foi totalmente unánime por toda a asamblea, convertíndose no cuarto presidente da historia do C.A.UMIA dende a súa creación no ano 1996. Dende aquela foron cabezas visíbeis do clube Piñeiro, Suso Costas e Moncho Vega, que logo dun gran traballo ó longo de 5 anos pasalle o relevo a Javicho.

Dende aquí, queremos agradecer a Moncho todas a súa paciencia e as súas horas “perdidas” con nós e para nós, todo o seu traballo, dende ir mil veces a buscar subvencións, pasarse outras mil veces polo concello a calquer cousa ata poñerse a asar un churrasco para os waterpolistas do torneo do Cultura Quente, ou outras moitas máis. Agardamos que sigas visitándonos e colaborando co clube. Grazas por todo!