lunes, 24 de diciembre de 2007

Clasificacións Liga Galega Clubes

Clasificación total de Clubes despois de disputadas dúas xornadas en Categoría Absoluta (cat xuvenil, xunior, senior)

Club Sal 1108
SAPO 981
CAUMIA 922
SYSCA 818
Sanxenxo 306
SASA 121



Clasificación Total de Clubes despois de disputadas dúas xornadas en Tódalas Categorías:


Absolt Cad-inf-a total
sal 879 1108 1987
sysca 1156 818 1974
sasa 1395 121 1516
sapo 527 981 1508
umia 497 922 1419
sanxenxo 306 306


Alén disto, nas Categorías Senior e Xuvenil imos segundos clasificados, a 40 puntos de distancia tan só dos primeiros.

Nonson malos resultados tendo en conta tódalas baixas que tivemos nestas xornadas (chegaron a ser 6-7 baixas por competiición) e a falta de infantís e alevíns, que fan que clubes como o SASA puntuen con ata 700 puntos por ningún punto do noso clube


Bo Nadal!



(Se alguen quere os resultados en PDF, comentádeo)

lunes, 17 de diciembre de 2007



Este Domingo disputouse na piscina Municipal de Caldas a segunda Xornada da Liga Galega de Inverno de Salvamento Acuático Deportivo, coa participación cos clubes UMIA, SAL, SYSCA, SAPO, SASA, SANXENXO.


Ainda non temos os resultados oficiais, en canto os teñamos intentaremos subi-los, e comentar a puntuación e a clasificación; pero a luns , podemos destacar que:

Os deportistas do noso clube conseguiron un total de 9 mínimas para os Ctos de España:

Manuel Fariña, 2º en arrastre con mínima de 43"61
Dani Suárez, 1º en 25 arrastre, con mínima de 25"94
Antía Lestido Cardama, 1º en 50 arrastre xuvenil con mínima de 45"44
Laura Mirás Baloira, 2º en 50 arrastre xuvenil con mínima de 46"86
Adriana Romero Lestido, 4º en 50 arrastre Xuvenil con mínima de 47"42
Diego Cascallar Taboada, 1º en 50 arrastre xuvenil con mínima de 39"61
Jorge Vega, 1º en 50 arrastre senior, con mínima de 33"71



Tamén se quedaron ás portas da mínima, e nunca mellor dito varios deportistas:

Diego Dominguez Castro, en 50 arrastre xuvenil
Nuria Garciá, en 50 arrastre cadete
Alba González, en 50 arrastre cadete
Diego Cascallar, en 100 socorrista


Hai que lembrar que dous dos nosos deportistas xa conseguiran mínimas na primeira xornada, algo que poucas veces ocorrera no noso clube, debido a ser o principio da temporada; polo tanto valoramos moi positivamente todos estes resultados, e animamos a tódolos deportistas do clube a seguir traballando duro, que todavía estamos comezando a temporada :)

Un saúdo a tod@s!!

lunes, 3 de diciembre de 2007

De novo unha de Cal e unha de area....

Este pasado fin de semana celebrouse en Coruña o I Congreso Internacional de Salvamento, ó cal o C.A.UMIA acudeu como único clube galego a participar e colaborar con él dende a área deportiva,realizando a proba de remolque de maniquí sen aletas durante 30 minutos o sábado pola tarde na cidade herculina.

Evidentemente, esta proba é de unha hora de Duración, pero a falta de organización e demais, produciu que só se dese cita na piscina do Club do Mar un equipo, o UMIA, con 9 integrantes, os cales poideron escoitar durante preto de 40 minutos a un dos adestradores do Alcarreño, club recoñecido mundialmente polos seus éxitos deportivos, e o cal nos explicou técnicas de adestramento e preparación das probas deportivas en piscina. Quizáis isto foi o único positivo durante toda a tarde, xa que bochornoso foi que ningún clube galego se dese cita para apoiar e participar nun evento tan importante para a nosa Federación. Cómpre dicir que o Umia tiña informacións de que varios equipos galegos participarían nesta exhibición.


Xa durante á noite ,na cea de Gala da FESSGA, na que se deron cita preto de 150 persoas de tódolos ámbitos e tamén representantes e deportistas de Clubes como o noso, o Sapo, o SASA, ou o SAL, déronse os premios a mellores deportistas da temporada por Categorías, conseguindo o Umia dous trofeos:

Jorge Vega Leal, mellor deportista senior masculino
Diego Domínguez Castro, mellor deportista Cadete Masculino


Noraboa!



Unha vez máis , este Sábado voltou a quedar ben claro e evidenciado, pese a que algúns non o queiran ver todavía, quenes apoiamos e quenes estamos verdadeiramente a prol da proxección, auxe e mellora do noso deporte en Galicia. O Umia seguirá traballando neste camiño.