martes, 25 de noviembre de 2008

Disputada a primeira Xornada de Inverno

O domingo celebrouse na piscina da Estrada a primeira xornada da liga de inverno 2008-2009 do salvamento deportivo galego, cunha boa afluencia de público, máis de 150 persoas pola mañá e preto de 100 pola tarde déronse cita na piscina estradense, xunto con 7 clubes de Salvamento que levaron a 75 deportistas na xornada de mañá e 85 deportistas polo serán.

Pola mañá o UMIA participou con 7 deportistas, dos cales 5 eran novos, as rapazas cadetes gañaron o relevo e en xeral tiveron un bó “debut”. A sorpresa foi Dani Suárez, xa que era a primeira vez que facía a proba de 150 metros obstáculos, e a parte de quedar terceiro, conseguíu un tempazo, que é miníma para os campionatos de España. Na clasificación xeral da mañá quedamos de 3ºs, por detrás de SASA e SYSCA

Pola tarde o C.A.UMIA participou con 22 deportistas, logrando o terceiro posto na clasificación xeral final da xornada, ainda que bastante detrás do primeiro clasificado, o SAPO. Resultados destacados foron as victorias de Manuel Fariña en 100 aletas Xuvenil, o segundo posto de Diego Cascallar nesa mesma proba, as victorias dos relevos xuvenil masculino, xunior feminino e senior masculino no relevo 4x25 arrastre, ou a victoria e o segundo posto, respectivamente de Jorge Vega e Rubén Fernández na proba de 100 aletas. En xeral os resultados son bastante satisfactorios a pesar das dificultades que estamos tendo nestes primeiros meses da temporada para poder adestrar

A seguinte xornada será o domingo 14 de Decembro en Cerceda.

Mínimas conseguidas polos deportistas do UMIA na primeira xornada de liga:

- DANIEL SUÁREZ DAPENA: 02:01,25 -150 obstáculos (mínima: 02:03,00)

- DANIEL SUAREZ DAPENA: 00:35,43 - 50 aletas (mínima: 00:36,00)

- DIEGO CASCALLAR TABOADA: 01:06,22 –100 aletas (mínima: 01:07,00)

- Relevo Xuvenil Masculino en 4x25 arrastre: 01:49,77 (minima: 02:00,00)

- Re levo Absoluto Masculino en 4x25 arrastre: 01;31,07 (mínima: 01:48,00)

No hay comentarios: