O C.A.UMIA celebrou onte no Auditorio Roberto Blanco de Cuntis unha asemblea Extraordinaria, con presencia de pais ou representantes de 21 deportistas, os dous adestradores e a maioría da anterior xunta directiva. Entre outras cousas elixiuse unha nova directiva, formada polas seguintes persoas:
PRESIDENTE: Fco Javier Magariños Alende (“Javicho”)
Vicepresidente: María del Carmen Rodríguez
Secretario: Santiago García e Fernando Porto (adxunto)
Tesoureiro: Manuel Fariña
Vogais:
Xavi Calvo Sorrivas (Director Deportivo)
Rubén Fernández (Representante de deportistas)
Eugenia Cardama
Marisa Frieiro
Jorge Vega
O nomeamento de
Javicho, que leva competindo e traballando polo clube dende outubro de 2000, como presidente foi totalmente unánime por toda a asamblea, convertíndose no cuarto presidente da historia do C.A.UMIA dende a súa creación no ano 1996. Dende aquela foron cabezas visíbeis do clube Piñeiro, Suso Costas e Moncho Vega, que logo dun gran traballo ó longo de 5 anos pasalle o relevo a Javicho.
Dende aquí, queremos agradecer a
Moncho todas a súa paciencia e as súas horas “perdidas” con nós e para nós, todo o seu traballo, dende ir mil veces a buscar subvencións, pasarse outras mil veces polo concello a calquer cousa ata poñerse a asar un churrasco para os waterpolistas do torneo do Cultura Quente, ou outras moitas máis. Agardamos que sigas visitándonos e colaborando co clube. Gr
azas por todo!
1 comentario:
Súmome ós agradecementos a Moncho polo seu abnegado traballo á fronte da directiva. Grazas mil!
Así mesmo desexarlle a mellor das sortes a Javicho. Moito ánimo
Publicar un comentario