lunes, 17 de diciembre de 2007



Este Domingo disputouse na piscina Municipal de Caldas a segunda Xornada da Liga Galega de Inverno de Salvamento Acuático Deportivo, coa participación cos clubes UMIA, SAL, SYSCA, SAPO, SASA, SANXENXO.


Ainda non temos os resultados oficiais, en canto os teñamos intentaremos subi-los, e comentar a puntuación e a clasificación; pero a luns , podemos destacar que:

Os deportistas do noso clube conseguiron un total de 9 mínimas para os Ctos de España:

Manuel Fariña, 2º en arrastre con mínima de 43"61
Dani Suárez, 1º en 25 arrastre, con mínima de 25"94
Antía Lestido Cardama, 1º en 50 arrastre xuvenil con mínima de 45"44
Laura Mirás Baloira, 2º en 50 arrastre xuvenil con mínima de 46"86
Adriana Romero Lestido, 4º en 50 arrastre Xuvenil con mínima de 47"42
Diego Cascallar Taboada, 1º en 50 arrastre xuvenil con mínima de 39"61
Jorge Vega, 1º en 50 arrastre senior, con mínima de 33"71



Tamén se quedaron ás portas da mínima, e nunca mellor dito varios deportistas:

Diego Dominguez Castro, en 50 arrastre xuvenil
Nuria Garciá, en 50 arrastre cadete
Alba González, en 50 arrastre cadete
Diego Cascallar, en 100 socorrista


Hai que lembrar que dous dos nosos deportistas xa conseguiran mínimas na primeira xornada, algo que poucas veces ocorrera no noso clube, debido a ser o principio da temporada; polo tanto valoramos moi positivamente todos estes resultados, e animamos a tódolos deportistas do clube a seguir traballando duro, que todavía estamos comezando a temporada :)

Un saúdo a tod@s!!

No hay comentarios: