lunes, 3 de diciembre de 2007

De novo unha de Cal e unha de area....

Este pasado fin de semana celebrouse en Coruña o I Congreso Internacional de Salvamento, ó cal o C.A.UMIA acudeu como único clube galego a participar e colaborar con él dende a área deportiva,realizando a proba de remolque de maniquí sen aletas durante 30 minutos o sábado pola tarde na cidade herculina.

Evidentemente, esta proba é de unha hora de Duración, pero a falta de organización e demais, produciu que só se dese cita na piscina do Club do Mar un equipo, o UMIA, con 9 integrantes, os cales poideron escoitar durante preto de 40 minutos a un dos adestradores do Alcarreño, club recoñecido mundialmente polos seus éxitos deportivos, e o cal nos explicou técnicas de adestramento e preparación das probas deportivas en piscina. Quizáis isto foi o único positivo durante toda a tarde, xa que bochornoso foi que ningún clube galego se dese cita para apoiar e participar nun evento tan importante para a nosa Federación. Cómpre dicir que o Umia tiña informacións de que varios equipos galegos participarían nesta exhibición.


Xa durante á noite ,na cea de Gala da FESSGA, na que se deron cita preto de 150 persoas de tódolos ámbitos e tamén representantes e deportistas de Clubes como o noso, o Sapo, o SASA, ou o SAL, déronse os premios a mellores deportistas da temporada por Categorías, conseguindo o Umia dous trofeos:

Jorge Vega Leal, mellor deportista senior masculino
Diego Domínguez Castro, mellor deportista Cadete Masculino


Noraboa!



Unha vez máis , este Sábado voltou a quedar ben claro e evidenciado, pese a que algúns non o queiran ver todavía, quenes apoiamos e quenes estamos verdadeiramente a prol da proxección, auxe e mellora do noso deporte en Galicia. O Umia seguirá traballando neste camiño.

5 comentarios:

Anónimo dijo...

Enhorabuena por la página.
A ver si por fin tenemos un sitio en el que poder desahogarnos y soltar todo lo que se nos queda dentro.


Saludos desde Pontevedra

Anónimo dijo...

Os meus para bens pola páxina,

Anónimo dijo...

Agradezo, dende a Federación de Salvamento, todo o apoio, a axuda e a colaboración prestada polo clube Umia para o desenrolo do Congreso,a Cea e tódolos eventos nos que participan. Esto e respeto e promoción da nosa actividade. Noraboa a todo o clube.

unha forte aperta

Anónimo dijo...

Javicho
Xa qe a paxina da federación está abandonada podías colgar os resultados da competición de caldas no blog?

Anónimo dijo...

Tan pronto teñamos os resultados intentaremos colgalos no blog, tamen dicir k algunha k outra foto, jejej

Saudiños