(Foto: Cto España Cadete-infantil Guadalajara)
Aquí estamos, nunha temporada máis, chea de imprevistos e outros máis previstos....
Temos que dicir que estamos sen a nosa piscina (a de Caldas de Reis) como mínimo ata o ano que vén por mor dunhas reformas necesarias (todo hai que dicilo). A expensas diso, estamos adestrando dende o 1 de Outubro nas seguintes piscinas:
Piscina Municipal da Estrada:
Luns e Xoves de 16:00 a 17:15h
Luns e Mércores de 19:00 a 20:00h (Escola do clube)
Sábados de 12:15 a 13:45h
Sábados de 18:00h a 19:00h (Escola do Clube)
Así mesmo tamén temos un grupo de deportistas que adestran na Piscina de Padrón grazas á axuda do Clube Natación Padrón dous días á semana:
Martes e Xoves de 18:50h a 20:00h
Este ano contamos coa presencia dun novo adestrador, o Padronense Xurxo Vieites, ademáis de contar un ano máis con Alex Porto, como adestrador do grupo da Estrada.
Comezamos a temporada este 30 de Novembro, coa primeira Xornada da Liga de Augas Pechadas de Salvamento Deportivo, que nos deparará varias sorpresas, entre outras a presencia de novos clubes e o reforzamento de outros xa consolidados.
Pronto daremos a lista de deportistas deste ano, e as respectivas categorías, onde tamén explicaremos os obxectivos a acadar con cada unha. Saúdos!
Desaparición del Club Waterpolo Padrón
Hace 11 años
No hay comentarios:
Publicar un comentario